Gres é unha parroquia fluvial pois nela conflúen os ríos Ulla e Deza. No Ulla hai un grupo de insuas-carballeiras, unidas por pontellas e pasais, que conforman unha singular área recreativa
e lugar da romaría que se celebra cada 31 de agosto na honra de San Ramón, acollido na capela que a Virxe do Carme preside na ribeira.
Contan que a imaxe mariana que aquí se venera troxérona un día as augas do Ulla, como ó San Ramón de Portodemouros; neste caso, baixaba a bordo dunha barca sen barqueiro, e ó vela un paisano, veuna seguindo de cerca, e din que dixo: "Ah onde se pare, fareille unha capela". E cumpriu a súa promesa.
|