|
Na edición 2007, que xa é a cuarta edición deste premio, a premiada foi Concha Blanco. Esta autora de Cee presentou a concurso a obra Os cantos da rula e desta maneira recibirá 1.000 euros e o libro será publicado por Ediciós do Castro. 21 foron as obras presentadas este ano ó premio.
O xurado premio á obra
valorando o seu ritmo e léxico, así como unha temática na que non falta a natureza dos soños, próxima ó mundo infantil.
O domingo día 2 de decembro do 2007, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), ás 17.00 h., fíxose entrega do premio. Dito acto foi emitido en directo por Internet a través desta web. |