1. Poderán participar todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos inéditos escritos en lingua galega.
2. Cada orixinal pode conter unha ou varias pezas teatrais.
3. Os traballos enviaranse, en orixinal e dúas copias, á sede da Fundación Xosé Neira Vilas: 36587 Gres - Vila de Cruces (Pontevedra). Levarán un título. En sobre a parte, cerrado, deberá consignarse por fora o mesmo título e dentro nome e apelidos do autor ou autora, enderezo e teléfono.
4. O prazo de admisión de orixinais pecharase o 30 de outubro de 2008.
5. A Fundación Xosé Neira Vilas escollerá un xurado de recoñecido prestixio. O seu dictame será inapelable.
6. Entregarase o Premio durante o mes de decembro de 2008.
7. O Premio Estornela ten unha dotación económica de 1.500 euros.
8. Ediciós do Castro publicará o libro premiado.
9. Os orixinais non premiados poden ser retirados polos respectivos autores no prazo de trinta días contados a partir da entrega do Premio.
10. A participación no premio Arume supón a aceptación destas Bases. |