|
Na edición 2006, que xa é a cuarta edición deste premio, o premiado foi Antonio Cordero Álvarez. Este autor de Ourense presentou a concurso a obra O Filibustero do Mar da Marola e desta maneira recibirá 1.500 euros e o libro será publicado por Ediciós do Castro. 11 foron as obras presentadas este ano ó premio.
Xosé Neira Vilas, Xoán Andrés Fariña, Valentín García e Luis Reimóndez foron os compoñentes do xurado. O argumento da peza teatral é o dun neno que queda engaiolado pola acción dun estrano filibustero e vai coñecendo os misterios e tamén os perigos do mundo real. A partir de ahí, un escritor atormentado polas musas, vai completar o aventurado achado dun tesouro.
O domingo día 17 de decembro do 2006, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), ás 17.00 h., fíxose entrega do premio. |